Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 19 Mai 2016 16:11 Última modificação em Sábado, 21 Mai 2016 12:58

36,000 toneladas de pneus esquecidos ou incinerados na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Tres vertedoiros de pneumáticos "históricos" en Galiza (Fene, As Somozas e A Laracha) agardan por un tratamento que, de súpeto, virou prioritario para a Xunta. O "efecto Seseña" revelou o esquecemento dun problema que non interesou até que comezou a fumegar.

A xestión dos pneumáticos usados en Galiza é moi deficiente. Apenas existen instalacións adicadas á reutilización e á reciclaxe destes residuos, e a solución máis doada é amorealos en "depósitos" máis ou menos controlados en espera de "tratamento". O vertedoiro de Fene, que acumula unhas 1000 toneladas, tiña como destino o recauchutado na empresa "Rubber Industrias del Caucho" que crebou no ano 2000. Nas Somozas, nas instalacións de SOGARISA, amoréanse por riba das 100 tn cuxo destino é a fabricación de CDR (combustíbel derivado dos residuos) para queimar como coadxuvante en cementeiras e outras fatorías de cerámica e siderurxia. E as preto de 34.000 tn do vertedoiro d'A Laracha, un terzo do acumulado en Seseña, semella que van ser "valorizadas enerxéticamente" por unha empresa de cerámica.

Como recén acabamos de comprobar, e alén do seu esquecemento secular (o problema que non se ve, non existe), o tratamento destes residuos cando por fin acontece, pasa case sempre pola incineración (un 45%), eufemísticamente chamada valorización enerxética en cementeiras ou cerámicas; o "depósito" máis ou menos legal (outro 45%) e a reutilización e reciclaxe (menos do 10%, unha roda de cada 10).

O problema é que a incineración, ao igual que o incendio do vertedoiro de Seseña, transforma un valioso residuo aproveitábel (goma vulcanizada e metal) ademáis de en enerxía -barata para quen a aproveita-, en compostos altamente tóxicos como de dioxinas, furanos, PCBs, HAPs e metais pesados, alén de partículas, CO2 e gases de xofre e nitróxeno. Son precisamente estes compostos máis tóxicos os que poucas veces se miden nas estacións de control da contaminación atmosférica.

Dende ADEGA instan ás administracións a abordar esta problemática como ten que acontecer con calquera xestión de residuos:
-Prevención e redución: Menos coches nas estradas significa menos pneumáticos que tratar. Repercutir no prezo o custo do tratamento e favorecer sistemas de pago por devolución, responsabilizaría a produtores e usuarios/as da correcta xestión destes refugallos.
-Reutilización: o recauchutado permitiría recuperar arredor dun 20% dos pneumáticos fóra de uso. Non esquecer tampouco unha segunda vida vía reutilización directa como elementos construtivos, decorativos, de amortecemento de impactos, etc.
-Reciclaxe: para compostos asfálticos de estradas, pistas deportivas e de xogo, cintas transportadoras, céspede sintético, roupa técnica...
-En ningún caso contemplar a incineración como alternativa.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar