Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 26 Janeiro 2017 15:15 Última modificação em Sábado, 28 Janeiro 2017 15:46

Adega pede à Junta que pare batida de lobos em Friol

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

O fracaso na posta en marcha de medidas preventivas non pode ser substituído por controis poboacionais. É falso que exista sobrepoboación.

ADEGA concibe as batidas e agardas de lobo coma unha medida de moi marcada excepcionalidade, e que unha medida tan drástica só debería ter lugar cando quedara demostrado non resultar efectivas a aplicación combinada das medidas preventivas e os pagos por danos. Recordan que a caza do lobo por danos debe contar cun informe técnico que xustifique un alcance de danos as explotacións gandeiras que teña lugar de maneira recorrente, e unha vez que se produza de maneira recorrente e quede demostrado o fracaso na posta en marcha de medidas preventivas.

Valoran que cunha aplicación das diferentes medidas contempladas no Plan de Xestión do Lobo resulta moi cuestionable que poida tramitarse e autorizarse unha medida tan drástica. Neste sentido a administración accede a autorizar controis poboacionais en resposta a presión que se exerce dende determinados colectivos sen que se cumpran as condicións técnicas que as xustificarían. Non pode ser que se autoricen a petición de sociedades de caza e non dos directamente afectados, porque existen presións para que o lobo sexa cazable coma trofeo na Galiza.

ADEGA aposta pola prioridade á prevención

A prevención vén mostrándose coma o método máis efectivo para reducir os ataques de lobo á gandería. A administración debe traballar no impulso das mesmas, aportando asesoramento, asistencia e recursos suficientes, nomeadamente nas zonas con maior índice de danos. A posta en marcha das medidas preventivas debe ser unha prioridade fronte á adopción doutras alternativas e garantir que se se apliquen correctamente. Ditos protocolos deben contemplar asesoramento, axuda, control de aplicación e apoio con recursos preventivos suficientes.O que non pode ser é que existan explotacións con danos recorrentes, para as cales se teñen solicitado batidas, que nin tan sequera teñen demandado as axudas previstas para prevención que dispón a Xunta.

ADEGA demanda axilidade nos pagos por danos

Á súa vez as medidas de compensación e ou indemnización de danos deben complementar as accións preventivas despregadas e que puideran resultar insuficientes.  A demora actual que existe por pagos atrasados e tardanza na súa execución réstalle credibilidade a este mecanismo indemnizatorio, coa consecuencia de que entre as persoas gandeiras afectadas exista unha moi mala percepción das mesmas e, polo tanto, non axude a mellorar a coexistencia de lobo gando. De efectuarse os pagos en poucas semanas  é moi probable que se avance moito na resolución deste conflito. Resulta necesario que a dotación económica disposta para estes pagos cubra anualmente as perdidas económicas producidas polo lobo, en base aos prezos de cotización de mercado e, tamén, coa suma do lucro cesante que os danos provoquen.

ADEGA recorda que a poboación está estancada

O fenómeno das redes sociais fai que se estea a percibir que existe un maior número de lobos, onde prospera informacións desproporcionadas, alarmistas, e incluso falsas que se reproducen vertixinosamente e están a desvirtuar a realidade do lobo,  pero os datos oficiais do estado da poboación non demostran un incremento.Os resultados dos censos non demostran que exista unha sobrepoboación de lobos. Temos os mesmos lobos que nos anos 80, a poboación permanece estancada. E iso significa que en todo este tempo máis de 10.000 lobos terían morto, na maioría de maneira ilegal. Os resultados actuais aproxímanse moito aos censos anteriores, co cal estamos a movernos nun rango de tamaño moi próximo. O último censo non ofrece evidencias de que a poboación teña experimentado crecemento ou decrecemento que se salga do rango da tendencia observada.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar