Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 23 Fevereiro 2017 12:04 Última modificação em Sábado, 25 Fevereiro 2017 14:38

Rede Galega de Apoio a Pessoas Refugiadas denuncia um ano de compromissos descumpridos nas fronteiras

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Direitos nacionais e imperialismo, Migraçons / Fonte: FGI

Denuncian a terrible inxustiza que acrecentada polo inverno, seguen a vivir miles de persoas ás portas das nosas fronteiras e dentro das mesmas como consecuencia das políticas migratorias  do Goberno e a Unión Europea.

5000 persoas morreron no Mediterráneo no 2016. Ata 60.000 persoas refuxiadas só en Grecia están a sufrir as sucesivas ondas de frío que afectaron e afectan  ao Continente Europeo. A finais do ano 2016 se reubicaran  en Estados da UE pouco máis de 8000 persoas, das 160.000 comprometidas (no Estado Español so 745, das máis de 19.000 comprometidas).

Dende a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas  denuncian a terrible inxustiza que, acrecentada polo inverno, seguen a vivir miles de persoas ás portas das nosas fronteiras e tamén dentro das mesmas como consecuencia das políticas migratorias  do Goberno e  a Unión Europea. Cúmprese un ano dende que en  febreiro de 2016  máis de 120 cidades en todo el mundo saíron as rúas esixindo unha “Pasaxe Segura” e neste ano tense profundado nun modelo de xestión migratoria que en lugar de defender os dereitos humanos fomenta o peche e externalización de fronteiras, a represión, e o control policial  agravando unha crise que está custando a vida a miles de persoas.

Ata 60.000 persoas refuxiadas en campamentos en Grecia  están sufrindo a ola de frío que percorre Europa en condicións precarias porque os Estados membro da Unión Europea (UE) non cumpriron os seus compromisos de reubicación. Polo menos unha trintena de migrantes morreu polas baixas temperaturas en Polonia, Italia, Grecia, República Checa, Bulgaria, Albania e Rusia. 5.000 persoas morreron no  Mediterráneo en 2016 (o récord dende que se dende que se teñen rexistros ) . Máis de 200 no que vai de ano, ademais das embarcacións que afunden no mar sen que se teña rexistro. Na UE, reubicáronse so 8.062 persoas en todos os Estados da Unión, desde Italia e Grecia (son cifras da Comisión Europea a 6 de decembro de 2016). É dicir, o 5% dos 160.000 comprometidos e que debería cumprirse antes de 26 de setembro de 2017. E en España, segundo o Ministerio do Interior a 21 de xaneiro de 2017, reubicáronse 745 persoas desde Italia e Grecia, o 3´8% dos 19.399 comprometidas e que debería cumprirse antes de 26 de setembro de 2017.

O modelo español de externalización de fronteiras a través  das concertinas no valado de Melilla e das devolucións en quente  está sendo un referente para a UE. Logo de asinar o vergoñento acordo con Turquía para devolver a todas as persoas que chegan de forma irregular ás costas gregas, a Comisión Europea está realizando un acordo tras outro con países, como Libia ou Afganistán , moitos dos cales teñen pésimos antecedentes no cumprimento dereitos humanos. En todos estes acordos a intención é a mesma: impedir que as persoas entren en Europa ou expulsalas.  Polo camiño están sendo ignorados os dereitos humanos e o dereito á protección das persoas. Vulnérase así a obriga dos estados de garantir vías legais e seguras de acceso ás persoas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade e de establecer corredores humanitarios que permitan o reasentamento  das persoas refuxiadas que se atopan en asentamentos non seguro e sen garantías.

O goberno español mentres  ampara a actuación policial en Tarajal, ten  reforzado as fronteiras en Ceuta e Melilla. A morte de Samuel, o neno de 6 anos que apareceu  afogado na praia de Barbate, Cádiz, e que fuxía coa súa familia dos horrores do Congo, é outro terrible recordatorio de que hai moitos Aylan que morren todos os días pola responsabilidade directa  dos nosos gobernos.

É por iso que as persoas, colectivos e organizacións que forman parte da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas esixen:

- Facilitar e garantir vías legais e seguras de acceso ás persoas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade e a vida das cal corre perigro. Establecer corredores humanitarios que permitan o reasentamento  das persoas refuxiadas que se atopan en asentamentos no seguro e sen garantías. E adoptar medidas específicas que garantan os dereitos das persoas refuxiadas e migrantes en situación de maior vulnerabilidade, tales como menores, mulleres soas, embarazadas, maiores, persoas LGBTI, persoas con diversidad funcional, entre outras.

- Cumprir inmediatamente os compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo Estado español ante a UE. As persoas solicitantes de asilo teñen dereito a procedementos de asilo individualizados e con todas as garantías. É necesario neste senso, ampliar e axilizar o sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e Galicia que actualmente están pendentes de ser atendidas, mediante o reforzo da Oficina de Asilo e Refuxio do Ministerio do Interior e de persoal debidamente formado nas Oficina de Estranxeiría, para conseguir unha maior axilidade nas entrevistas de solicitude

- A anulación do acordo entre a UE e Turquía e de todos os tratados que, de mesmo xeito, supoñen a vulneración e un risco para a garantía dos dereitos humanos das persoas. Tamén, acabar coa opacidade dos acordos bilaterais asinados polo Estado español e europeos sobre o establecemento de rutas seguras e as repatriacións en quente.

- Unha política exterior coherente  que preveña os conflitos armados, que busque a igualdade entre países, que non cre diferenzas baseadas no comercio exterior, que non abuse de situacións de partida privilexiadas dalgúns países, que non permita que as empresas transnacionais esquilmen recursos naturais de países empobrecidos e evadan ou eludan os seus impostos en paraísos fiscais, que penalice os incumprimentos do Tratado sobre o Comercio de Armas e persiga o comercio de armas e municións.  Ademais dunha aposta decidida polas políticas de cooperación ao desenvolvemento que reverta os recortes destes últimos anos. Os fondos destas políticas deben centrarse nas causas que provocan o desprazamento forzoso, para garantir que a migración sexa unha decisión libre e non imposta pola desesperación. Non poden ser condicionados ao control das fronteiras, e en ningún caso desviados a outros fins.

- Que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea. O modelo de Europa fortaleza está a dilapidar millóns de euros nunha sinistra infraestrutura de vixilancia, disuasión, control, intimidación e violencia mentres elude calquera xestión global que antepoña a vida das persoas. Só abandonando a actual política exterior baseada no lucro imperialista que vulnera a soberanía dos pobos e camiñando cara unha outra centrada na cooperación e na loita contra as desigualdades, poderemos atallar a raíz das crises migratorias e actuar de maneira solidaria perante os seus efectos.

A Rede tamén expresou o seu apoio as mobilizacións que se van facer en moitas cidades en recordo deste primeiro aniversario entorno ao vindeiro domingo 26 de Febreiro. (Vigo e Compostela entre outras), e presentación da Campaña de Sinaturas: “Non o maltrato non o abandono, o silencio tamén é complice”  que se desenvolverá  nas seguintes semanas como apoio á presentación deste Comunicado na Delegación de Goberno de A Coruña.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar