Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 04 Junho 2016 14:08 Última modificação em Sábado, 04 Junho 2016 14:10

CIG acusa Telefónica de “espoliar o emprego” e reclama que Galiza seja território organizativo próprio

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A Sección Sindical iniciou na Coruña un calendario de mobilizacións para denunciar a perda progresiva de postos de traballo


A Central Hércules de Telefónica (na Coruña) foi o punto de partida este xoves do calendario de mobilizacións que a Sección Sindical da CIG ten posto en marcha para denunciar a perda progresiva de emprego nos centros de traballo de Galiza, así como o modelo de xestión empresarial que inclúe a concentración e centralización do cadro de persoal principalmente en Madrid e Barcelona, trasladando tamén os centros de decisión. Isto, denuncian, “devén nunha redución da cantidade e da calidade do servizo”.

Na protesta, a primeira do calendario de mobilizacións que concluirá o xoves 9 cunha concentración no Parlamento de Galiza, escoitáronse consignas como “menos dividendos e máis emprego” ou “emprego na Galiza en Movistar”. O Secretario nacional da Sección Sindical, Antonio Lima, acusou a multinacional das telecomunicacións “de espoliar o traballo do noso país, deixando a Galiza unicamente como consumidora de servizos”

Segundo a CIG-Telefónica, a nova política de xestión de recursos humanos e redistribución de cadro de persoal da empresa “exclúe Galiza do emprego de calidade e produción de servizos avanzados de telecomunicacións”, nun proceso “executado sen interlocución sindical na Galiza”. A situación vén agravada pola transformación radical do Contrato Colectivo de Emprego e mailas políticas de flexibilización interna e externalización de servizos.

Déficit de 400 traballadores/as

Alén de que no período 2011-2013 o último ERE diminuíu un 30% o cadro de persoal no noso país -fronte un 25% no Estado- , a empresa incumpriu o compromiso de repor o 7% das baixas. Isto sitúa o número de traballadores/as da multinacional en 1.142, que cun 5,25% do total “non se corresponde” co peso poboacional e do PIB galego, estimando en 472 o déficit de persoal no noso país.

Esta involución súmase á eliminación do Territorio Galiza-Asturias en 2011 e á degradación de categoría da Coruña e Pontevedra a “Tipo III” -ao nivel de Ourense e Lugo- xa con menos de 100 traballadores/as.

Unha dinámica que, segundo alertan, leva a unha concentración e centralización do persoal fundamentalmente en Madrid e Barcelona, e en segundo nivel a Bilbo, Valencia e Sevilla, “deixando polo resto das “provincias” do estado presenza testemuñal de persoal propio”. De feito, subliñan, o persoal de Telefónica Móviles na Galiza é unicamente de 70 persoas sobre un total de 4.000 en todo o Estado, o 1,5 % do total

Recentralización

Segundo denuncian, “a localización do emprego cualificado tamén é un mecanismo de redistribución de rendas”, que mediante as recentralización de servizos contribúe á marxinación do país. Alertan, ademais, de que o proceso “devén inevitabelmente nunha redución da cantidade e da calidade do servizo” a nivel galego.

Neste senso, advirten que se ben nestes intres non hai ameza expresa de desprazamento forzoso do actual cadro de persoal, “é clara a ameaza de excluír do emprego de calidade nas telecomunicacións na Galiza ás futuras xeracións: só lles quedará a emigración ou o emprego precarizado e degradado das subcontratas”.

Fronte todas estas regresións, reivindican Galiza como “territorio organizativo propio” con capital de seu, ademais dun plano de emprego para eliminar o déficit de persoal. Tamén a oficialidade do galego en documentación interna e comunicacións comerciais.

Papel das administracións

O comunicado sinala tamén a “hipocrisía das administracións públicas, nomeadamente as galegas pero tamén as máis altas instancias do Estado, que contribúen con masivas subvencións á implantación de redes e servizos para negocios privados con cuantiosos fondos públicos”, fundamentados na Lei Xeral de Telecomunicacións, 9/2014.

Por iso, o xoves 9 de xuño, as 11:00 horas, a protesta chegará até as portas do Parlamento Galego “para chamar de novo a atención dos grupos parlamentares sobre as perspectivas do emprego nas telecomunicacións na Galiza, as expectativas inmediatas e o necesario control dos cuantiosos recursos dos orzamentos públicos entregados a empresas privadas que desprezan o país, o seu idioma e o seu desenvolvemento económico e tecnolóxico”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar