Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 06 Junho 2016 18:05

Banhistas continuam a usar praias contaminadas na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas / Fonte: CIG-Autonómica

Os farmacéuticos inspectores, encargados da vixilancia sanitaria, advirten dos posibles riscos para a saúde.

Tras a publicación do informe da UE sobre a calidade das augas das zonas de baño o pasado 25 de maio, as conclusións son claras. España é o terceiro país da UE con mais zonas “non aptas para o baño” cun total de 58 praias contaminadas, das que 32 están en Galicia.

Segundo a normativa actual, as praias nas que se detecte unha calidade de auga insuficiente durante 5 anos, son excluídas automaticamente do censo oficial de zonas de baño. Isto implica a prohibición permanente do baño, e a obriga das autoridades sanitarias de informar aos bañistas desta prohibición, mediante os correspondentes carteis informativos. Igualmente, no caso de verteduras, contaminacións de curta duración ou situacións anómalas, as autoridades sanitarias teñen a obriga de informar á poboación.

Os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, encargados da vixilancia sanitaria das praias galegas, advirten do risco que supón o baño nestas praias contaminadas, que seguen a ser frecuentadas polos bañistas con total normalidade. Ademais, a maioría destas praias, non contan cos preceptivos carteis que indiquen a prohibición do baño, polo que os usuarios descoñecen os graves riscos aos que están expostos.

Os Farmacéuticos Inspectores, en folga indefinida dende o 18 de maio, para reivindicar melloras na xestión da sanidade ambiental, critican a “pasividade” da Xunta de Galicia na xestión e mellora destas zonas de baño, e desaconsellan o baño en todo caso. Así, o pasado día 1 de xuño, no acto de entrega das bandeiras azuis, que tivo lugar na praia de Bastiagueiros do concello de Oleiros, os inspectores protagonizaron unha entrega simbólica de “bandeiras negras” para as praias con calidade insuficiente, e que, por non estar correctamente sinalizadas, seguen a ser utilizadas habitualmente polos bañistas. As praias consideradas merecedoras destas “bandeiras negras” foron as seguintes:

PROVINCIA DE A CORUÑA

CONCELLO

NOME DA PRAIA

Arteixo

Ría de Barrañán

Bergondo

Regueiro

Boiro

Peralto

Camariñas

Camelle

Camariñas

Area da Vila

Cee

A Concha

Fene

Barallobre

Ferrol

A Cabana

Ferrol

Caranza

Fisterra

Sardiñeiro

Oleiros

Santa Cruz Porto

Pontedeume

Centroña

Pontedeume

Ver

Sada

Delicias

PROVINCIA DE LUGO

CONCELLO

NOME DA PRAIA

Burela

Penaoural

Cospeito

Porto

Fonsagrada

Naraxa

Monforte de Lemos

Río Cabe

Pobra do Brollón

Río Saa

Pontenova

Río Eo

Quiroga

Conceado

Quiroga

Soldón

Ribas de Sil

San Clodio

PROVINCIA DE OURENSE

CONCELLO

NOME DA PRAIA

A Bola

Río Orille (Área Recreativa A Bola)

Allariz

Acearrica

Os Blancos

Río Eiroa

Lobios

Os Baños Riocaldo

Ourense

A Chavasqueira

Verín

Pazos

Verín

Vilela

Vilardevós

Río Arzoá

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

CONCELLO

NOME DA PRAIA

Bueu

Banda do Río

Bueu

Agrelo

Mondariz

O Val

Ponteareas

As Partidas

Pontevedra

Rio Lerez

Redondela

Arealonga

Redondela

Cabanas

Ribadumia

Pontearnelas

Sanxenxo

Nanín

Valga

Vilarello

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar