Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 08 Outubro 2017 23:40 Última modificação em Quarta, 11 Outubro 2017 13:01

Seguimento de 100% no segundo dia de greve nas auxiliares de Navantia

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Os traballadores/as das contratas valorizan que "esta é unha loita decidida polo persoal".

A segunda xornada da greve nas auxiliares de Navantia segue e ser un éxito, rexistrando un seguimento absoluto e cun paro total na actividade dos estaleiros. Dende CIG-Industria poñen en valor o ánimo e a vontade amosada polos traballadores e traballadoras por manter o paro até lograr os seus obxectivos, a pesar das presións das subcontratas e a principal e do papel desmobilizador que están a xogar CCOO e UGT.

A este respecto, o secretario comarcal da CIG-Industria, Vicente Vidal, apuntaba que na xornada de onte, as empresas difundiron comunicados "nos que pouco menos vaticinaban o afundimento do naval e a comarca a causa do seguimento total que está a ter a greve". Unha reacción que non deixa de ser rechamante tendo en conta que a patronal de siderometal non emitiu comunicados públicos deste calibre, a pesar das sete xornadas de greve desenvolvidas no sector entre xuño e xullo. "É un claro intento de amedrentar o persoal e meterlles presión para que non secunden o paro", valorou Vidal.

Ademais, segundo se puido saber, a dirección de Navantia presentou denuncia na comisaría contra o bloqueo na actividade. Decisión que foi interpretada polo persoal "como un intento de atallar a loita pola vía da represión e a forza policial". Fronte a estas ameazas, o propio persoal das auxiliares respondía esta tarde en rolda de prensa destacando que esta é unha greve decidida polos traballadores/as en asembleas para reclamar o cumprimento dos acordos salariais.

"Por moito que anden dicindo por aí, isto non é unha cuestión de siglas. E con independencia dos medios que usen o próximo luns, pedímoslle aos traballadores/as dos estaleiros que se posicionen do lado que se teñen que posicionar. Espero que a xente de Navantia se lembre de cando nos pararon a nós e estean ao noso lado", afirmaba visibelmente emocionado Miguel Soto, do comité de Electrorayma, en relación á posibilidade da presenza policial nas portas das factorías para facilitar a entrada ás instalacións.

Aproveitaba tamén para facer un chamado á participación a aquelas persoas que non están en activo pero que agardan incorporarse nalgunhas das contratas, "porque o que estamos reclamando son unhas condicións de obrigado cumprimento para todas as empresas".

Dar estabilidade ao persoal

Electrorayma é unha das empresa que deixou de aplicar os acordos. Mais esta non é unha greve só do persoal das compañías incumpridoras, senón do conxunto dos operarios e operarias da industria auxiliar, de quen están en activo e daqueles que se poidan incorporar nos próximos meses. "Este é un sector moi volátil e hoxe podemos estar nunha contrata que cumpre, pero mañá igual nos toca buscar traballo nunha que non cumpre e tes que negociar de cero e individualmente as túas condicións salariais", criticou Soto.

Para evitar esta inestabilidade, equiparar condicións entre unhas auxiliares e outras e evitar a competencia desleal foi que se asinaron os acordos de 2001. E por iso, unha das reivindicacións da plataforma sindical para a negociación do convenio do metal da Coruña era incorporar estes acordos ao articulado do convenio e darlle así marco legal. Demanda na que finalmente CCOO e UGT cederon.

A este respecto, Ramón Alfonzo, desmentiu as afirmacións que esta mesma mañá facían representantes das dúas centrais sindicais, aseverando que o preacordo do convenio recolle compromisos sobre incorporar os acordos. "Isto non é verdade", afirmou amosando copia do recollido no preacordo.

Temor a uns acordos rebaixados

Lembrou que a necesidade de convocar greve xurdiu a proposta dos traballadores/as no marco das asembleas que a CIG estaba a celebrar para explicar os motivos polos que non vai asinar o convenio provincial e co anuncio por parte de CCOO e UGT de que ían convocar a mesa do naval para negociar os acordos. "Pero esa mesa non recibe ningún tipo de convocatoria e ante o temor a que se reproducira un acordo como o de metal, sen dar explicacións ao persoal e rebaixado, saíu adiante a proposta da greve, aínda que fora en solitario pola CIG, e que foi apoiada masivamente nas asembleas", sinalou.

De feito, antes de rexistrar a convocatoria, a patronal chamaron á CIG a unha reunión na que amosaron disposición a falar de diversas cuestións, "pero na que xa nos dixeron que vir a pedir o cumprimento dos acordos ao 100% está de máis".

Abundando nesta cuestión, Vicente Vidal lamentaba a postura de CCOO e UGT neste conflito, desentendéndose da decisión dos traballadores/as de ir á greve e sentando onte mesmo a negociar nunha mesa coas empresas, "presuntamente para melloras as condicións laborais do persoal, mais asegurando ao tempo que os acordos salariais son inasumíbeis".

Así as cousas, os traballadores e traballadoras das auxiliares continúan adiante coa greve até conseguir garantías de que todas as empresas aplicarán os acordos de 2001 e sen rebaixas económicas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar