Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 18 Outubro 2017 19:59

Pessoal de 'Leite Celta' irám á greve contra o bloqueio da negociaçom do convénio coletivo

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

As paralisazóns comezarán o luns 23, de 12 a 16 horas, e continuarán cada semana até o 2 de decembro.

O Comité de Leche Celta SLU compareceu este mércores en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de greve nas instalacións de Andrade (Pontedeume) a partir do vindeiro luns, 23 de outubro, para rexeitar o bloqueo da negociación do convenio colectivo por parte da empresa. Coincidindo coa greve, o persoal desenvolverá unha concentración permanente diante da factoría.

Os paros laborais iniciaranse o luns 23, en horario de 12 a 16 horas, e terán continuidade nas semanas seguintes sumando cada vez unha xornada de greve a maiores até o 2 de decembro. Se para esa data non se teñen producido avances significativos na negociación, o comité non descarta endurecer as medidas de presión e ampliar a convocatoria de paros.

Un convenio para dignificar os salarios e as condicións

O persoal de Leche Celta SLU está rexido na actualidade polo convenio estatal de industrias lácteas e logo de moito batallar, a representación social conseguiu o pasado ano que a empresa sentara a negociar un convenio propio que dignificara as condicións salariais e sociais das preto de 180 traballadoras e traballadores desta planta.

Porén, explica Francisco Xabier Cartelle, Secretario Confederal de Emprego da CIG, transcorreron os meses sen que se producira ningún avance, xa que a dirección de xeito sistemático fai propostas salariais ridículas. "Até o punto de que estamos nunha situación de enquistamento da negociación", denuncia. Neste senso, Cartelle apunta que arredor do 70% do persoal de Leche Celta é mileurista e o que se demanda na plataforma social "é un incremento dos salarios que os converta en salarios dignos". Xunto a isto, unha cláusula de revisión que garanta que se o convenio estatal sube por riba do incremento pactado, aplicaríase o incremento do convenio estatal máis o 1,5% .

Un 3.5% máis para os soldos da alta dirección

Sobre a contía que se reivindica, Cartelle subliñou que "esta suba está baseada nos números que desprenden as contas da empresa, que nos últimos exercicios obtivo beneficios millonarios. Pero destas ganancias as traballadoras e traballadores non viron un euro". De feito, o sindicalista denuncia que mentres os custes salariais do cadro de persoal descenderon un 0.4% "os cartos destinados a pagar os soldos da alta dirección aumentaron un 3.5%".

Ademais, apunta, "Leche Celta gasta un 36.9% máis en publicidade que en gastos de persoal", nunha estratexia de comunicación que entenden resulta ineficiente e pouco visíbel.

Paros laborais até o 2 de decembro

Xunto á cuestión económica, a proposta sindical para o convenio de empresa recolle tamén melloras sociais relativas á distribución da xornada, licencias, etc. "Pero comezamos polo aspecto económico porque nos parece fundamental acadar unha mellora dos salarios", afirma Francisco Cartelle.

Así as cousas, ante o bloqueo da negociación, o comité acordou convocar esta primeira xeira de mobilizacións que comezan o luns e seguirá os días 30 e 31 de outubro, 6, 7 e 8 de novembro, e así sucesivamente até o 2 de decembro.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar