Dende Liza queremos aproveitar para reflexionar sobre a opción política máis vilipendiada, a cal non teñen en consideración as análises formais por máis que sexa esta a opción que constitue e institue o dereito democrático do voto: estamos a falar da abstención.
Dende o discurso electoral interesadamente se adoita revertir en deber este dereito, ou atribuíndoselle como razón, no mellor dos casos, a desilusión do electorado cos partidos, ou en outros desidia, o desinterés ou a apatía desa parte do electorado, que consciente ou inconscientemente decide optar pola abstención. Máis, cabería preguntarse canta inercia da constumbre e a inconsciencia da desinformación hai no voto emitido con frecuencia aos partidos afeitos a ocupar o maior número de escaños. Máis como xa dixemos, o feito de que calquer persoa poida absterse, sexa pola insatisfación coas alternativas, ou por outras razóns, é o que configura o dereito ao voto, posto que sin esta opción ao non-voto sería de feito unha obrigación, e como tal sancionable, como acontece en algúns estados.
Porén, que significou a opción da abstención para o anarquismo? Coa etiqueta de "abstención activa" sempre se quixo expresar esta opción ao non-voto, non xa como a insatisfación coas distintas opcións políticas, se non como un cuestionamento radical ao modelo de representación ademais da oposición tácita de renunciar a nosa capacidade organizacitiva para delegar en outros as decisións que deben rexir a vida pública, é dicir, a oposición a calquera forma de dominación política por moi democráticos que sexan os atavios cos que pretenda engalanarse. Pola contra, o anarquismo apostou sempre pola toma de conciencia mediante a acción directa, a tecer lazos de solidariedade entre iguais a fin de artellar mecanismos verdadeiramente democráticos e de soberanía e empoderamento colectivo.
Agora ben, nos últimos tempos asistimos a unha reconfigurción das coordenadas electorais, en un contexto marcado por novas aspiracións de control cidadá das institucións xurdidas a carón do 15M, as polticas de vello cuño cubríronse de novas galas e con un renovado discurso, e novas nomenclaturas, ocupáronse de conducir estas aspiracións de maior participación popular, paradóxicamente, polos cauces da delegación, e é que ainda que a ilusión e as esperanzas xeradas a carón do 15 M foron altas, e tendo en conta que xurdiron movementos como a PAH, non existía unha experiencia de toma de decisións colectivas mediante a práctica da democracia directa, e nas loitas sociais, e esta experiencia servíu máis como un experimento episódico que rapidamente se chegou a desinflar. Pola contra estas apostas municipalistas constituíronse ao amparo de un simulacro de participación popular destes procesos, que realmente só tiveron unha participación residual.
Vemos máis que nada o oportunismo da vella política aprobeitandose das ilusións dunhas demandas politicas pouco concretedas para os seus propios propositos electorais.
Sendo así que para moita xente participe destes procesos coa ilusión posta na posibilidade de artellar mecanismos de democracia participativa se lle cae agora o veo dos ollos ao toparse cos límites da realidade institucional, constatando que estar no goberno municipal de unha cidade non é efectivamente exerer o poder nunha cidade.
Dando, por unha parte, con leis e políticas estatais e autonómicas que limitan as competencias, e con plans de axuste que reducen drásticamente a marxe de maniobra. Por otro lado, existen poderes fácticos, especialmente os medios de comunicación, que teñen unha gran capacidade para distribuir entre a poboación mentiras e difamacións. Por outra banda o clientelismo e o asociacionismo habitual destas institucións choca coa vontade de romper cos privilexios e con introducir novas formas máis directas de participación e representación da sociedade civil. Como resultado de todo isto é moito máis doado seguir os cauces da administración formal e acomodarse no poder, que traballar sen descanso obtendo uns resultados moi pobres en relación aos obxetivos propostos.
Finalmente, o gran logro que poderemos esperar destas novas administracións non será moito máis que o de ver atenuadas algunhas das medidas coas que se fustigou aos sectores que máis padeceron a crise e que groseiramente se obvian do discurso electoral, optando pola defensa dos pequenos empresarios e esa "clase media". Algo que máis efectivamente se tería logrado apostando pola loita directa a través da movilización social e da acción directa das masas, habituando ao pobo a xestionar os seus propios asuntos, artellando respostas que en torno aos principais pilares, como a vivenda, a educación, o ámbito laboral, etc. avocandoos así a un empoderamento colectivo, á configuración de un suxeito social susceptible de protagonizar un verdadeiro cambio.
Fronte ao austericio e ao deterioro do tecido social, ao saqueo do público en beneficio dos intereses depredadores da empresa privada, fronte ao electoralismo que desmoviliza e deixa a poboación dependente das instancias superiores, nos apostamos pola acción directa cotiá, porque o que fagas todos os días do ano é o que marca a diferenza, por encima de xuntar o máximo número de papeletas nunha urna.