Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 27 Setembro 2016 16:41 Última modificação em Sábado, 01 Outubro 2016 10:34

Torcedoras e torcedores, contra a venda do Celta a empresariado chinês

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Diário Liberdade

Num comunicado do Colectivo Nós denunciam que a operaçom ataca a identidade "de Vigo e da Galiza em geral", e criticam que o Celta seja entendido como "um simples negócio".

A mais que provável venda do Celta de Vigo abre nos e nas torcedoras da equipa de futebol umha ferida, como explicam num comunicado no Coletivo Nós, reproduzido a seguir na sua ortografia original:

Ante as novas que están saíndo últimamente nos medios de comunicación, nas que dase case por feita a venda á un grupo de inversión estranxeiro das accións que posúe o presidente Carlos Mouriño, que ten a maioría do capital social do Real Club Celta, dende o Colectivo NÓS queremos amosar o noso maior descontento e rexeitamento a esta operación así como ao mutismo total dende o clube.

Se ben sabemos que o dono das accións está no seu dereito e pode vendelas en calquera momento como propietario que é, non estamos dacordo en que esta venda se produza a fondos de inversión alleos, polo que o noso rexeitamento non radica na venda, senón en a quen se vende.

De confirmarse tal nova, sería un triste epílogo ao que podería ser recoñecido como o mellor presidente da historia do clube. Iría contra os valores que defendeu durante a década que estivo ao fronte do clube, na que a identidade do clube coa cidade de Vigo en particular e con Galiza en xeral, foi un dos pilares que acompañou a sua política de marketing durante estes anos.

Dende o Colectivo NÓS non podemos aceptar que se entenda o Celta coma un simple negocio no que rendabilizar unha inversión e se esqueza a parte pasional e a parte da afección que estivo en datas anteriores, está no presente e seguirá estando nun futuro veña quen veña. Esa xente é o verdadeiro activo do Celta e, aínda que non é a que da rendementos económicos, é a que lle da vida. Esa xente que non sabe de gañar cartos có clube senón que os pon do seu peto para chorar, rir, saltar, berrar e viaxar acompañando ao seu equipo. Esa xente somos nós os siareiros. Non se entende un equipo de fútbol sen os seus siareiros e a sua identidade territorial, ou polo menos nós non queremos entendelo así.

Señor Mouriño, se quere marchar do Celta, fágao, está no seu dereito dese merecido descanso, e nós agradecerémoslle o seu traballo durante esta década, pero non deixe ao clube en máns alleas, non entenda o Celta como un negocio máis, non xogue coas ilusións de milleiros de persoas. Faga o posible e o imposible para que ese paquete accionarial quede en máns galegas aínda que a operación non lle sexa tan rendible. Sabemos do que é capaz e que cousas máis imposibles acadou en datas piores.

Queremos un futuro dono do Celta que sufra e se alede con nós polos logros acadados no terreo de xogo e non nas contas bancarias, un dono que se alede con nós cada vez que debuta un rapaz da nosa canteira, alguén que cando lle berremos “¡¡¡MANDA CARALLO!!!” saiba do que lle estamos a falar.

Reflexione: de vostede depende. Que esa faixa de agradecemento pendurada dende a bancada de Río na pasada tempada permaneza como eterna nas nosas lembranzas.

Colectivo NÓS

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar