Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 12 Outubro 2016 12:14

Dous filmes iranianos inauguram o ano no Cineclube de Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Cineclube Compostela

Cineclube de Compostela comeza este mércores 12 de outubro a súa programación regular con dous filmes da primeira etapa do recentemente falecido Abbas Kiarostami: a curtametraxe Dúas solucións para un problema (دو راه حل برای يک مسئله ‎‎[Dow Rahehal Baraye yek Massaleh], Irán, 1975) e a longametraxe O viaxeiro (مسافر [Mosāfer], Irán, 1974). A proxección terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Ghassem é un neno da vila de Malayer, máis interesado no fútbol que na escola ou outras obrigas. Ao enterarse de que a selección nacional iraniana vai xogar un importante partido en Teherán, a máis de 300 quilómetros da súa vila, decide que ten que asistir a ese xogo. Mais non será fácil conseguir o diñeiro para chegar á capital.

Ese é o argumento de O viaxeiro, a primeira longametraxe de Abbas Kiarostami, e aínda unha das súas obras máis reputadas. Unha historia aparentemente sinxela, convértese nas mans do director nunha grande reflexión sobre temas universais como a transgresión das normas, a pobreza, a iniciación no mundo adulto ou as relacións sociais.

Xunta este filme poderemos ver tamén a curtametraxe Dúas solucións para un problema, unha fita marcadamente pedagóxica sobre dúas maneiras posíbeis de resolver un conflito entre dous nenos. Kiarostami trascende a simple sentenza moral da historia para explorar o formalismo cinematográfico e suxerir reflexións máis profundas sobre a propia institución escolar.

Ambos os dous filmes pertencen á primeira etapa de Kiarostami, antes mesmo da revolución islámica en Irán, e están realizados cando dirixía cinema para o Instituto para o Desenvolvemento Intelectual das Crianzas e dos Adolescentes. Ben anteriores á repercusión internacional do cineasta, producida sobre todo a partir de Onde está a casa do meu amigo?, podemos observar porén como algunhas das marcas do iraniano, como a sobriedade formal ou o uso de determinados temas, xa estaban presentes nestes seus primeiros títulos.

 

Nacido en Teheran en 1940, Abbas Kiarostami é un dos realizadores do Novo Cinema iraniano, un movemento cinematográfico que commeza nos anos 1960 e no que teñen un gran papel o uso do diálogo poético e a narración alegórica. Desde os 70, ten filmado máis de corenta filmes, incluíndo curtametraxes, documentarios e filmes de ficción. Algúns deles xa se viron no Cineclube de Compostela como Close Up, Dez ou Shirin. En xullo do ano pasado, falecía en París.

 

Cunha filmografía marcada polo poético, pola mestura entre realidade e ficción e pola reflexión sobre o propio cinema, o estilo de Kiarostami vense depurando ao longo de toda a súa carreira, desde os planos longos e pausados dos seus primeiros filmes até o minimalismo dun ensaio como Cinco, mantendo sempre unha total independencia e unha relación dialéctica entre son e imaxe, entre distancia e proximidade.

A programación do Cineclube continúa o vindeiro mércores 19 coa proxección de Alyonka
(Алёнка [Alyonka], URSS), unha comedia de Boris Barnet na que asistimos á viaxe de Alyonka, unha rapariga kazaka de nove anos enviada polos seus pais á cidade a estudar, unha viaxe na que coñecerá a moitas persoas representativas da vida entre Kazakhstán e Rusia.

Os filmes van ser proxectado na súa versión orixinal con subtítulos en. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo de filmes do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

OUTUBRO 2016

Mércores 12 de outubro ás 21:30 no Pichel
Dúas solucións para un problema
(دو راه حل برای يک مسئله ‎‎[Dow Rahehal Baraye yek Massaleh], Abbas Kiarostami, Irán, 1975, 4′, VOSG)
O viaxeiro
(مسافر [Mosāfer], Abbas Kiarostami, Irán, 1974, 71′, VOSG)

Mércores 19 de outubro ás 21:30 no Pichel
Alyonka
(Алёнка [Alyonka], Boris Barnet, URSS, 1961, 86′, VOSG)

Mércores 26 de outubro ás 21:30 no Pichel
O nadador
(El nadador, Fermín Jiménez Landa, Estado Español, 2013, 9’, VO)
O nadador
(The Swimmer, Frank Perry, EUA, 1968, 95’, VOSG)

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar