Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 08 Novembro 2016 16:51

O melhor Hollywood clássico, no Cineclube de Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas / Fonte: Cineclube Compostela

Cineclube de Compostela  continúa co ciclo de proxeccións dedicado a filmes do ano 1939. O título deste mércores, 9 de novembro será Só os anxos teñen ás (Only Angels Have Wings, EUA, 1939), un filme de aventuras dirixido por Howard Hawks e considerado como unha das súas mellores fitas. A proxección terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Geoff Carter é un piloto is a pilot e o xerente de Barranca Airways, unha pequena compañía propiedade de "Dutchy" Van Ruyter, que transporta correo aéreo desde o porto sudamericano de Barranca, a través dun paso de montaña nos Andes. Unha corista, Bonnie Lee, fai escala en Barranca de camiño a unha das súas actuacións e queda fascinada por Carter e a súa actitude cara estas perigosas viaxes.

Baseada nunha serie de historias reais, Só os anxos teñen ás é unha mestura de filme de aventuras, drama, suspense e romance, marcado polos agudos diálogos e a mestría visual do mellor Howard Hawks. Tras o exito dos filmes previos sobre aviadores do mesmo director (A patrulla do amencer, do 1930, ou Teito cero, do 1936) e coa idea argumental da muller independente que irrompe nunha comunidade completamente masculina, presente noutros filmes que mesturaban romance na época (Pó vermello, do 1932), ou Mares de China, do 1935), Hawks escribiu a historia que Jules Furthman convertiría nun guión que saca o máximo partido das actuacións de Cary Grant e Jean Arthur.

Dalgún xeito, esta fita representa un punto de equilibrio na carreira de Hawks: Os temas que viña desenvolvendo nos seus filmes ao longo de todos os anos 30 chegan con Só os anxos teñen ás ao seu maior punto de claridade e confianza na expresión, sen enfrontarse aínda ao ton máis sombrío que vai marcar a súa filmografía ao longo das décadas seguintes. Marcado pola mestura de seriedade e humor que caracteriza a obra hawkiana, este filme foi escollido nos 50 por Cahiers du Cinéma como unha das quintaesencias do cinema de autor, e revélase agora como un dos mellores títulos de Hawks e do cinema clásico de Hollywood.

Nado en 1896 en Goshen, Indiana (EUA), Howard Hawks foi aviador e condutor de coches de carreiras antes de entrar no mundo do cinema. En Hollywood realizou varios traballos, mesmo dirixindo unha escena en 1917 para o filme de Mary Pickford A princesiña ou montando a súa propia produtora entre 1920 e 1923. Pero a súa carreira como director vai comezar en 1926 coa dirección de A estrada á gloria, ao que seguirán en só tres anos outros oito títulos.

A súa filmografía como director, que se vai estender até 1970, inclúe moitos títulos senlleiros da historia do cinema como Scarface (1932), Criando a Baby (1938), A rapaza do venres (1940), Bola de lume (1941), Ter e non ter (1944), O gran sono (1946), Río vermello (1948), Os cabaleiros prefírenas loiras (1953), Río Bravo (1959), El Dorado (1966) ou Río Lobo (1970). Considerado nos Estados Unidos un artesano, será a crítica da Nova Vaga Francesa a que o descubra como un autor e abra o camiño á grande influencia que ten en moitos dos últimos directores de Hollywood. En 1977 morre en Palm Springs a consecuencia dunha caída.

A vindeira cuarta feira, a revisión do ano 1939 do Cineclube de Compostela viaxa até Xapón para explorar outra das cinematografías máis importantes na época, coa proxección de A historia do crisantemo tardío (残菊物語 [Zangiku monogatari], Xapón, 1939), de Kenji Mizoguchi, o que segundo Jonathan Rosenbaum é o mellor filme do seu director, marcado polas tomas longas e a coidadísima posta en escena.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o seu funcionamento, propoñen unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo de filmes do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

NOVEMBRO 2016

Mércores 9 de novembro ás 21:30 no Pichel

Só os anxos teñen ás
(Only Angels Have Wings, Howard Hawks, EUA, 1939, 121', VOSG)

Mércores 16 de novembro ás 21:30 no Pichel

A historia do crisantemo tardío
(残菊物語 [Zangiku monogatari], Kenji Mizoguchi, Xapón, 1939, 143', VOSG)

Mércores 23 de novembro ás 21:30 no Pichel
A regra do xogo

(La règle du jeu, Jean Renoir, Francia, 1939, 113', VOSG)

Mércores 30 de novembro ás 21:30 no Pichel

O mozo Lincoln
(Young Mr. Lincoln, John Ford, EUA, 1939, 100', VOSG)

 
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar