Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 26 Novembro 2016 16:45 Última modificação em Terça, 29 Novembro 2016 18:18

Brutal expulsom 'express' de um jovem vizinho de Compostela desde fai mais de 14 anos Destaque

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Migraçons, Antifascismo e anti-racismo / Fonte: FGI

O Foro Galego de Inmigración quere facer público que hoxe 26 de novembro, a Polícia Nacional de Santiago de Compostela pretende expulsar a un xoven veciño da nosa cidade de orixe paraguaio. Este rapaz de 19 anos, vive coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia. 

Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia pretende convertido en Resolución firme executar xa mesmo. 

Detido dende o martes 22 (cremos que sobrepasa o tempo máximo de detención)  vai ser trasladado a Madrid con intención de envíalo nun avión dende Barajas, vía  Perú, con previsión de chegada a Asunción (Paraguai) na madrugada do sábado ao domingo ás 4 da mañá.

Non ten familia algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí denda eses mesmos 14 anos. Coincide ademáis que a nai enferma e soa precisa coidados e atención. 

O FGI non entende o ensañamento que supón  facer efectiva a expulsión deste rapaz, que podía quedar co procedemento de expulsión aquí e coa posibilidade pola vía de arraigo social  de arranxar a súa situación legal en España. Dada a urxencia da situación convocan a cidadanía decente a que chame, mande correos, entre na web, no  facebook da Polícia pedindo que se frene esta brutal expulsión. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar