Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: ferrol

Já passou meio ano e começamos os 6 meses que ficam para finalizar 2016 com umha variada programaçom de ócio alternativo em galego.

Publicado em Galiza

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano [1], acordou programar en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como?. Un, pola mañá, de carácter institucional, onde convidan a todas as concelleiras e concelleiros de Ferrolterra; e outro pola tarde, público, aberto a toda a cidadanía. Preténdese, nestes actos, explicar a necesidade de iniciar un traballo institucional para a recuperación, para administracións locais, da xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, non só a nivel local, senón que tamén ao comarcal. Anelan o obxectivo  do retorno da auga a mans públicas, con transparencia, rendición de contas e participación cidadá.

Publicado em Galiza

ADEGA, A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraria de Pescadores de Ferrol, Confraria de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artabría. Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plaataforma dos veciños “O Cruceiro de Mehá”, PSdeG-PSOE Ferrol e Verdegaia.

Publicado em Galiza

Na Rolda de prensa de hoxe, mercorés 8 de Xuño de 2016 que tivo lugar en Sargadelos, interviñeron Fernando Ramos Armesto, da Iniciativa Popular pola Remunicipalización da Xestión da Auga, Alexandre Carrodeguas, da asociación ecoloxista VERDEGAIA , Bernardo Rego da asociación sociocultural López Bouza e da plataforma pola devolución do cobro indebido da taxa de saneamento e Pablo Portero da asociación Fuco Buxán.

Publicado em Galiza

Hoxe sábado 4 de Xuño, en Ferrol, van ter lugar dous importantes eventos.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Deixamos atrás o mês das Letras e a Artábria enceta junho com um completo programa de atividades.

Publicado em Galiza
O Consello de Ministros celebrado este venres polo Goberno en funcións acordou "excluír, de maneira excepcional, do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos de autorización" da planta de regasificación de Reganosa. Esta decisión responde ás dúas sentenzas (do 4 e do 28 de abril) nas que o Tribunal Supremo anulou a autorización administrativa e o proxecto de execución desta planta de gas, obrigando a empresa a solicitalas de novo. As sentenzas do Supremo fixaban un prazo máximo de dous meses (que estaba a piques de cumprirse) para que o Ministerio de Industria outorgase novos permisos ou, doutro xeito, obrigaba á paralización da actividade da instalación. Obrigaba, polo tanto, a que o Goberno en función adoptase unha decisión política para manter aberta a planta, e esta decisión política vén de producirse.
Publicado em Galiza

Martes 24 de maio celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta polo empresario local Chino Silveira (SEFCON), e a multinacional Fomento de Construcións e Contratas (FCC).

Publicado em Galiza

Nas comarcas da Coruña (398 mil), Betanzos (39 mil), Eume (26 mil) e Ferrol (159 mil) viven máis de 600 mil persoas (470 mil só nos concellos atravesados pola liña de ferrocarril). Porén, entre Ferrol e A Coruña circulan tan só seis tres diarios (ningún entre as 8.45 e as 14.30), que tardan unha hora e cuarto en realizar un percorrido de 50 quilómetrosGalicia é a única comunidade autónoma costeira que non dispón de servizo de tren de proximidade, máis barato e con máis frecuencias que os rexionais ou de media distancia. Os últimos foron anos de recortes, falta de investimento, degradación do servizo e desmantelamento. Peche de estacións e redución de frecuencias que fixeron menos atractivo un modo de transporte limpo, barato e cómodo, que evita atascos e que ten éxito nos lugares de España e de Europa onde funciona de xeito axeitado.

Publicado em Galiza

Continuam as atividades para promover a candidatura de Ricardo Carvalho Calero para o Dia das Letras Galegas 2017.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar