Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: Cineclube

​O Cineclube de Compostela celebra a partir das 19:00 horas este sábado 22 de abril a súa Festa de 16 Aniversario. Esta nova edición da celebración anual do Cineclube vai contar coa proxección das curtametraxes O señor Jazz mozo (Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919), Those were the Days (Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992) e Mentres teñamos a embriaguez (Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958) e as actuacións de MounQup, Guateque Escampe e Lamprea Explosiva, ademais do picadiscos DJ Chapaev. Como vén sendo habitual, a festa será no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). Os concertos terán unha entrada de entre 5 e 8€ (a decidir por cada persoa asistente), destinada integramente aos grupos.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela acolle este mércores 5 de abril  unha sesión especial, en colaboración co MelonaFest #2 organizado por La Melona, no que poderemos ver unha serie de curtametraxes experimentais musicadas en directo por Lois Carlín e por Montaña Muerte. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela continúa a súa programación coa proxección, este mércores 15 de marzo, da ópera prima en cinema de Christian PetzoldA seguridade interior (Die innere Sicherheit, Alemaña, 2000), un filme político e poético que mostra a vida clandestina dun matrimonio de antigos militantes da Fracción do Exército Vermello alemán e a súa filla adolescente. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela enceta o mes de febreiro coa proxección este mércores 1, da primeira de dúas sesións sobre cooperativas de produción, dedicada aos Grupos Medvedkine. Así, poderemos ver un filmes da sección de Besançon, Clase de loita (Classe de lutte, Francia, 1969) e da de Sochaux, Sochaux, 11 de xuño de 1968 (Sochaux, 11 juin 1968, Francia, 1970), así como o filme colectivo, organizado e montado por Chris MarkerPosto que vos dín que é posíbel (Puisqu'on vous dit que c'est possible, Francia, 1973). A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza
Terça, 10 Janeiro 2017 08:00

Cineclube Compostela inícia atividade do ano

Cineclube de Compostela comeza o ano 2017 cunha sesión dupla, este mércores 11 de xaneiro, con dúas interpretacións diferentes de como descubrir as xeografías da cidade e os seus relatos ocultos. Os filmes proxectados serán As mans negativas (Les mains négatives, Francia, 1978), de Marguerite Duras, e Libro perdido atopado (Lost Book Found, EUA, 1996), de Jem Cohen. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela remata o ano 2016 coa última sesión do ciclo de filmes derivados do xénero do oeste. A proxección deste mércores 21 de decembro será Deus e o diabo na terra do sol (Deus e o Diabo na Terra do SolGlauber Rocha, Brasil, 1964), un dos principais expoñentes do Cinema Novo brasileiro. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das21:30 horas.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela afronta este derradeiro mes de decembro de 2016 con tres filmes que poderían ser cualificados como westerns revisionistas. Así, tanto O home nas terras salvaxes (Man in the Wilderness, 1971), de Richard Sarafian, como Orgullo (Orgullo, 1955), de Manuel Mur Oti, e Deus e o diabo na terra do sol (Deus e o Diabo na Terra do Sol, 1964) de Glauber Rocha son filmes nos que a relación entre o home e a paisaxe, a busca, o viaxe e a exploración remítennos ao xénero por excelencia do cinema norteamericano.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela  continúa co ciclo de proxeccións dedicado a filmes do ano 1939. O título deste mércores, 9 de novembro será Só os anxos teñen ás (Only Angels Have Wings, EUA, 1939), un filme de aventuras dirixido por Howard Hawks e considerado como unha das súas mellores fitas. A proxección terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza

Cineclube de Compostela remata a programación de outubro coa proxección, este mércores 26, de O nadador (The Swimmer, EUA, 1968), un drama de Frank Perry, baseado no conto homónimo de John Cheever e protagonizado por Burt Lancaster. Xunto a esta longa poderemos ver O nadador (El nadador, Estado Español, 2013), de Fermín Jiménez Landa, no que o artista reproduce a viaxe deste filme a través de todo o Estado español. As proxeccións terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza
Tagged sob
Quarta, 19 Outubro 2016 15:29

'Alyonka' leva ao Cazaquistám em Compostela

Cineclube de Compostela continúa coa programación de outubro coa proxección, este mércores 19, de Alyonka (Алёнка [Alyonka], URSS, 1961), o penúltimo filme do realizador Boris Barnet, unha caste de road movie na que este rompe cos clixés do cinema soviético da época para presentar unha fita de carácter lixeiro, lírico e alegre. A proxección terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar