Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 14 Março 2017 00:45

Concorrência neoliberal, rural e políticas educativas nas jornadas pedagógicas do STEG

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Língua/Educaçom / Fonte: STEG

O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) vén de anunciar a celebración das I Xornadas de Debate Pedagóxico: as competencias, competentes para o que?, que se desenvolverán en Lugo os días 17 e 18 de marzo (venres e sábado), ao abeiro do convenio de formación asinado coa Consellería (11 horas homologadas).

As mesmas contarán primeiramente o venres cunha intervención e posterior coloquio co público asistente a cargo de Nico Hirtt (será a primeira vez que visita Galiza; teórico, escritor, sindicalista e físico belga que mantén un discurso moi crítico e lúcido coas competencias e coa deturpación por parte do poder neoliberal do papel e dos valores democráticos que deben inspirar a escola na formación das persoas), intervención que leva por título Competencias e competición: a escola baixo o control dos mercados. A conferencia será con tradución simultánea do francés ao galego e terá lugar na Casa do Saber do Vicerreitorado da USC en Lugo.

Dende o STEG valórase que é importante que o seu discurso sexa escoitado tamén na Galiza, polo momento clave en que estamos e polas ameazas que rodean o ensino público, para favorecer a reflexión sobre a cuestión educativa entre o profesorado, as familias e demais axentes da comunidade educativa e da sociedade en xeral. 

As Xornadas completaranse o sábado no Salón de Actos da Deputación Provincial, con tres mesas redondas, dúas delas pola mañá: primeiramente, A escola e o rural na encrucillada, coa participación de Mini Rivas(representante parlamentario do BNG, membro da Mesa do Rural, mestre, músico e activista), Alexandra Cabana(profesora do IES Lois Peña Novo, co-fundadora da Asoc. Cultural A Chave das Noces e da Revista Galega de Historia Murguía) e Ramón Leal (mestre no Rosal e activista social) e  a seguir outra sobre As capas da cebola do Pacto Educativo despois, coa participación de Branca Guerreiro (Inspectora de Educación) e Augusto Serrano (ex responsábel de Política Educativa da Confederación de STES) e posterior debate co público asistente en cada unha delas.

Finalmente, á tarde, desenvolverase o “Pacto Educativo: ideas para unha nova escola” coa participación de Jurjo Torres (profesor da UDC, escritor e teórico) e das representantes parlamentares dos principais partidos políticos do país (Luca Chao de EnMarea, Luís Álvarez do PSdG e Olalla Rodil do BNG) O formato da mesma terá unha primeira parte de intervencións e unha segunda parte de diálogo co público asistente, onde haberá tamén colectivos diversos da comunidade educativa.

O peche das Xornadas correrá a cargo de Uxía e Sèrgio Tannus.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar