Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 16 Setembro 2017 02:22 Última modificação em Sábado, 16 Setembro 2017 08:57

Com coimas e controlo social nom se podem melhorar as políticas sociais

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: Xornal Irmandade
 

Hai unhas semanas unha veciña de Teis, recibía unha carta na que a Consellería de Política Social notificáballe que ficaba sen RISGA, é dicir, sen 399’38 € que

supuñan os seus únicos ingresos mensuais.

Aínda por riba de ficar sen ingresos era sancionada pola administración autonómica cun ano sen poder solicitar de novo a RISGA e a devolver 4.792’56 € que lle serán restadas cando volva a ter dereito a dita prestación.

Explicamos polo miúdo. No encabezado da carta que recibiu aparecía: “Notificación por extinción”. Isto significa que durante 12 meses non pode obter de novo a RISGA. Un ano de penalización ao que haberá que sumar as demoras na tramitación desta faragulla, que no Concello de Vigo soen supor outro ano máis de agarda para cobrar esta esmola.

Segundo a Xunta a extinción ven motivada polo feito de que “a beneficiaria ocultou e falseou datos ou realizou unha actividade fraudulenta dirixida a obter ou conservar a prestación económica”. A muller descoñecía que ter algo máis de 8.000 € na conta, con orixe nunha herdanza familiar, era causa de extinción.

Á retirada da RISGA (durante aproximadamente dous anos) hai que engadir a sanción e as demoras na tramitación, pero aquí non remata o conto. A muller ten que devolver case 5.000 € por cobros indebidos que lle serán descontados no caso de ter novamente acceso á RISGA (xa que segundo a Xunta perdeu o dereito a percibir a RISGA durante todo un ano: do 01/06/2016 ao 31/05/2017, aínda que esa circunstancia non se lle notifica ate xullo do 2017). Os atrasos nos trámites de revisión da prestación e a falla de información sobre as esixencias do cobro da prestación orixinaron que durante un ano, sempre segundo a consellería, percibira esta faragulla sen cumprir os requisitos.

Énchenos de carraxe ler resolucións coma esta, nas que ollamos e sufrimos a violencia do catálogo de políticas miserentas.

Fronte ás súas faragullas esiximos dereitos sociais para todas! A renda básica das iguais xunto a outras ferramentas poden nos axudar a facermos real o berro: VIVIR DIGNAMENTE É UN DEREITO PARA TODAS.

Coia, setembro 2017

ODS-Coia

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar