Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 24 Outubro 2016 20:14 Última modificação em Quinta, 27 Outubro 2016 13:56

A Cova de Eirós tem a chave da extinçom dos neardertais no Noroeste da Península Ibérica

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: GCiencia

Un equipo no que participan historiadores da USC analiza os pequenos vertebrados nesta importante cova de Lugo

“A extinción das poboacións neandertais resultaron dunha combinación de diferentes factores e non pode explicarse unicamente polas condicións paleoambientais e paleoclimáticas. Nun contexto de cambios ambientais e estratexias de subsistencia, a presenza dunha nova poboación rival nos seus territorios poden ter disparado a presión e a inestabilidade entre as poboacións de neandertais tardías”. Esta é a conclusión á que chegou un equipo de investigadores da USC, da Universidade de Rovira i Virgili, da Università degli Studi di Ferrara e da Universidade de Tübingen. Non obstante, a novidade radica na fonte dos historiadores: 208 restos de pequenos vertebrados atopados en Cova Eirós, en Triacastela (Lugo).

Como explican os investigadores da USC Ramón Fábregas Valcarce (director científico do proxecto), Arturo de Lombera Hermida (co director da escavacións), Mikel Díaz e Alicia Ameijenda, os microvertebrados permiten realizar interpretacións paleoambientais e paleoclimáticas moi detalladas, “posto que achegan datos moi interesantes sobre o ecosistema que os acolleu –clima, vexetación,...-, de aí que sexan unha ferramenta moi empregada en arqueoloxía”. Aínda que non posúen unha gran tradición no estudo do paleolítico do noroeste da península Ibérica, esta nova investigación “confirma unha vez máis a validez dos pequenos vertebrados para avanzar no coñecemento sobre a evolución humana”.

Os resultados desta liña de traballo toman como base a análise de 208 restos de pequenos vertebrados atopados en Cova Eirós, en Triascastela (Lugo), entre os que se atopaban ras, serpes, morcegos ou roedores, entre outros. Os restos foron localizados nos niveis da cova correspondentes ao Paleolítico medio (cunha antigüidade de 40.000 anos) e ao Paleolítico superior inicial (32.000 anos). Cova Eirós é un xacemento arqueolóxico escavado sistematicamente dende o ano 2008 cuxo estudo permite profundar nas posibles causas que poderían ter provocado a desaparición dos neandertais.

O equipo que estuda este xacemento concluíu que esta especie extinguiuse por unha combinación de factores, entre eles o estres causado pola chegada do Homo sapiens, “con quen entraría en competencia” e así se recolle na revista Quaternary Science Reviews, que publica o traballo. Para alcanzar esta conclusión, o equipo tivo en conta que en Cova Eirós as condicións ambientais e climáticas nas que viviron as comunidades neandertais eran moi semellantes ás que coñeceron os primeiros humanos anatomicamente modernos. Cunha climatoloxía máis fría e chuviosa que na actualidade, foi un período caracterizado pola inestabilidade climática, definido por un progresivo enfriamento que conduce á última glaciación.

Cova Eirós, cuxas últimas campañas de escavación realízanse co financiamento da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, está emerxendo como unha fonte de referencia no noroeste ibérico debido a que as últimas datacións realizadas para o nivel 3, achegan información sobre as últimas poboacións de neandertais (40.000 anos) e no caso do nivel 2 dos primeiros grupos de humanos anatomicamente modernos neste territorio (32.000 anos).

Ademais dos investigadores da USC, asinan o artigo Iván Rey, Juan Manuel López-García, Hugues-Alexandre Blain, María Bennàsar, Xosé Pedro Rodríguez e Jordi Agustí, do Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social (IPHES) da Universidade Rovira i Virgili; Sandra Bañuls, da Università degli Studi di Ferrara; e Ángel Blanco Lapaz, da Universidade de Tübingen.

Cova Eirós consolídase como un xacemento de referencia no norte peninsular para estudar as similitudes e diferenzas entre dúas especies de homínidos (homo sapiens e neandertal) nun mesmo contorno e xacemento. Os traballos nesta escavación compleméntanse cos da Cova de Valdavara (Becerreá), onde os investigadores do GEPN da USC levan traballando desde 2007 nos seus tres xacementos.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar