Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 23 Fevereiro 2017 21:33

O drama de ter de devolver unha bolsa

Avalie este item
(0 votos)
Jacobo A Garcia

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Nos últimos anos, as bolsas do MEC, así como as doutros organismos públicos, tense visto reducidas en número e cantidade. Aínda por riba, aumentaron as esixencias académicas para non telas que devolver.


O Ministerio de Educación e Ciencia ofrece varios tipos de bolsas; por unha banda, as cantidades fixas para os solicitantes que reúnan os requisitos, e por outra banda as cantidades variable, cuxo importe tamén está asociado coa nota media do expediente. No primeiro caso, é posíbel recibir una beca simplemente co importe da matrícula, una bolsa asociada á residencia do estudante durante o curso escolar, ou una bolsa asociada á renda do estudante. Estas dúas últimas cun importe de 1500 euros.

Entre os requisitos académicos para recibir una bolsa deste tipo, está o de ter obtido un 5,5 na selectividade para a bolsa co pago de matrícula, e un 6,5 para o resto de bolsas con cantidade fixa. Ademais, é preciso aprobar polo menos do 85 % ao 100% dos créditos o ano anterior, dependendo da rama de coñecemento, sendo a de ciencias máis estrita. Ou ter superado o 65 %, 80%, ou 90 %(dependendo da carreira) dos créditos, cunha nota media de 6 a 6,5. Os requisitos económicos fixan un umbral 3, o máximo para obter a mínima bolsa co importe da matrícula en 32.000 euros para familias de 3 membros. Para que nos fagamos unha idea, 10.000 euros anuais por persoa.

Os estudantes deberán devolver as bolsas cando non se superaran o 50 % dos créditos matriculados, en convocatoria ordinaria ou extraordinaria, ou o 40 % para os alumnos do ensino técnico. Porén poderíamos entender un rendemento menor xa que moitos estudantes teñen que traballar numerosas horas en traballos precarios para poder pagarse os mesmos estudos, inclusive en ocasión axudando economicamente ás súas familias.

Perder ese tempo, xunto cos elevados costos e tempos que supón o transporte, e o cansazo constante, fan que estudar sexa máis difícil para este sector. É por iso que este sistema de becas é radicalmente inxusto e clasista, porque complica a formación cualificada da xuventude traballadora.

Por outra banda, cada vez teñen máis peso os préstamos privados, chamados eufemísticamente bolsas-préstamo. Nesta modalidade os bancos presentes na Universidade coma o Santander, ofrecen as cantidades precisadas para facer fronte ao prezo da matrícula. Si, os mesmos bancos que foron rescatados con máis de 50000 millóns de cartos públicos. Aínda que as condicións son vendidas como “mellores” que noutros préstamos, estes hipotecan as vidas de quen os pide, tendo que abonalos con intereses co primeiro soldo. Preténdese copiar o modelo anglosaxón, onde estudantes permanecen endebedados durante moitos anos despois de estudar. Unha situación social que motivou no seu momento o movemento Occupy Wall Street.

Neste marco de progresiva privatización y precarización do ensino universitario, o goberno pretendeu implantar o 3+2, que aumentaría ao dobre os prezos dos estudios. A maioría de reitores do Estado español, rexeitaron a súa aplicación ata o 2017, e aínda non se ten posto en marcha.

Porén, a cúpula universitaria non rexeitou o decreto por principios, se non que o aprazou por motivos técnicos. O horizonte está no que se fai chamar a Estratexia 2020, que baixo o paraugas da excelencia e a innovación, pretende realizar o maior ataque a Universidade pública en décadas.

A nosa xeración é a do 50 % de paro xuvenil, a do traballo precario e a da emigración masiva. O que se ten chamado a década perdida, consecuencia de máis de 8 anos de crise capitalista, a cal os ricos e poderosos usaron para roubarnos de diversos xeitos. Mediante os recortes, a corrupción, a explotación laboral, a débeda...

Contra esta lóxica que destrúe o noso futuro esiximos estudios universitarios de balde, así como o resto dos estudos públicos. Tamén esiximos prácticas de empresa remuneradas na Universidade e nos ciclos de FP. A gratuidade do transporte, así como das fotocopias propias das materias, e de 1 cnt para o resto. A creación dun sistema de bolsas de transporte ampliado para aqueles estudante que estuden fora da súa zona de orixe, tamén se precisa. E por suposto, esiximos a derrogación a do 3+2, a LOMCE e todas as reformas neoliberais.

Para acadar as nosas reivindicacións debemos loitar nas rúas, estudantes e traballadores xuntos. As nosas ferramentas; a folga, os peches, as manifestacións e concentracións e calquer outro xeito de loita social. A nosa forma de organizarnos, mediante as asembleas soberanas de centro e facultade, onde todos os individuos e organizacións poidan intervir.

A folga do 9 de Marzo, convocada para toda a comunidade educativa, é unha boa oportunidade para defender os nosos dereitos. Mais non nos deixamos enganar polas cúpulas dos sindicatos maioritarios. Esiximos a convocatoria de folgas máis intensas e longas, e o seu compromiso de loita constante.

Por outra parte, o estudantado ten una cita pendente o 8 de Marzo, día da muller traballadora, para apoiar as mobilizacións feministas. Estase impulsando a nivel mundial a iniciativa dunha folga internacional de mulleres, polo que esiximos tamén a todos os sindicatos que convoquen en solidariedade contra a opresión patriarcal e a explotación laboral que xofren moitas mulleres, polo feito de selo, en especial as mulleres xoves. Máis aínda cando unha nova onda de mobilizacións vense sucedendo coa chegada ao poder de Trump nos Estados Unidos, a loita polo dereito ao aborto en Polonia, a igualdade salarial en Islandia, ou contra as violacións en América Latina ou na India.

En definitiva, a xuventude traballadora e estudantil está obrigada a mudar este sistema inxusto, ou a sufrilo nas súa pel. Non é unha tarefa doada, mais coa forza de todo nós, aliados co resto de sectores oprimidos poderemos derrubar os ataques do goberno e o capital, e acadar as expectativas socias coas que a nosa xeración soña.

Fonte: Izquierda Diário

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar