Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 18 Março 2017 13:56 Última modificação em Sábado, 25 Março 2017 10:45

O que se passou com as promessas de remunicipalizaçom da “nova política” galega?

Avalie este item
(0 votos)
Jacobo A Garcia

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

[Jacobo A. Garcia] As chamadas candidaturas cidadás gobernan en Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña. Fronte ás promesas electorais e as expectativas sociais que xeraron, cal foi a súa verdadeira política?


As mareas galegas están compostas por Anova, Esquerda Unida e Podemos. Dende a descomposición do BNG no 2012 ata a irrupción do fenómeno Podemos, pasando pola transición de AGE, foi no 2015 cando estas novas forzas sometéronse finalmente á proba do poder, póndose á fronte da xestión dos Concellos de Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña.

A "nova esquerda” galega fíxose forte cun discurso de cambio, de recuperación dos dereitos e defensa dos intereses da “cidadanía”. Moitas foron as súas propostas, como os planos de axuda á exclusión social o a creación dun parque público de vivendas, mais unha das propostas centrais e unha das reivindicacións máis sentidas por amplos sectores da clase traballadora galega foi a promesa de re municipalización dos servizos públicos privatizados.

Achegándose á metade do seu mandato, facemos un repaso para determinar se teñen cumprido as súas promesas.

A remunicipalización, como discurso e como política

Como ocorreu noutras cidades do Estado, entre as medidas estrela dos novos gobernos estaba a re municipalización dos servizos públicos. Entre as cidades galegas, a proposta de Ferrol, gobernada por Ferrol en Común, formación que compoñen Esquerda Unida, Anova e integrantes de Podemos, era a máis ambiciosa. A dous anos de goberno tamén é a que máis fracasou. Ferrol é un dos principais núcleos obreiros da Galiza, cun peso moi importante dos estaleiros e outros sectores industriais.

O alcalde, Jorge Suárez, prometía en campaña e tras asumir o seu mandato a re municipalización da luz, a auga, o lixo, o mantemento de vías, os parques e xardíns, e a xestión de espazos culturais ou a oficina de atención cidadá. Nada disto se conseguiu aínda. E a falta de avances neste senso motiva nos últimos meses as críticas da “Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización”.

A xestión pública da auga é de Emafesa e Urbaser-Socamex. Aínda non se cancelou o seu contrato. Incluso coa gravidade que supón que a empresa privada que xestiona a depuradora municipal vertera augas contaminadas dende 2014. En relación ao abastecemento de electricidade e o mantemento da iluminación, Ferrol en Común paralizou a adxudicación posta en marcha polo goberno do PP e sacou adiante un contrato máis corto, por un ano. Estudan “a posíbel remunicipalización” para 2018.

No servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, a cargo de Urbaser, o goberno local paralizou formalmente en Setembro do 2015 o contrato que o anterior goberno propuña por dez anos e case oitenta millóns de euros. Porén, este contrato continúa en vigor, mentres o goberno actual di que non pode recuperar a xestión pública aínda porque mercar a maquinaria sería caro.

O contrato con Misturas, a empresa concesionaria do servicio de baches e mantemento de vías venceu o 12 de Febreiro. Mentres o goberno municipal estuda a posibilidade de contratar os servizos doutra empresa unha equipa de só catro membros, que o goberno prometeu ampliar, ten que atender as necesidades. O mesmo acontece co servizo de mantemento de parques e xardíns, a cargo das empresas San José e El Ejidillo. Este contrato prorrogouse e terá un coste de 1,1 millóns de euros.

La xestión dos espazos culturais municipais segue por quinto ano en mans da empresa Eulen, a mesma que xestiona a oficina de atención cidadá. O goberno local deulle un ano máis en Xuño do 2016, tras alegar falta de persoal para asumir o traballo.

En Santiago de Compostela, o servizo da ORA (aparcamentos de pago) y da grúa seguen en mans privadas. Martiño Noriega renovou o contrato do servicio de grúa e ORA baixo xestión da mesma concesionaria dos últimos 4 años. Ademais, non se cumpriu aínda a promesa electoral de re municipalizar o servizo de transporte urbano. Pola súa banda, Marea Atlántica en A Coruña si que cumpriu a re municipalización do servicio da rede de bibliotecas municipais. Mais xa renunciaron á de outros servizos como a ORA polo “risco económico”.

A remunicipalización hai que conquistala nas rúas

Se o Concello estivera seriamente disposto a loitar por manter a súa promesa de re municipalización, entón proporía implicar á poboación traballadora para loitar por isto e non se queixaría de que non llo deixan facer. É obvio dicir que os capitalistas, os seus partidos e os poderes fácticos oponse e seguirán a opoñerse a calquera cambio. Por iso hai que enfrontalos cunha forza social superior: da maioría dos traballadores e o pobo pobre. ¿Como? Por exemplo, impulsando comités de traballadores e veciños para loitar pola mesma, porque é coa mobilización social como se pode impoñer este programa, boicoteando ás empresas con contrato fraudulentos. A principal central sindical, a CIG, e máis o resto de centrais sindicais, debería de convocar folgas xerais e sectoriais por cidades para conseguir a completa remunicipalización dos servizos públicos. Outras accións poden ser as campañas, accións, peches...

Pero para que sexan efectivas, estas remunicipalizacións teñen que facerse sen indemnización algunha ás empresas que se lucraron cos servizos públicos. E, ademais, o control de traballadores e usuarios é o único xeito de garantir un servizo que satisfaga as necesidades sociais, sen que exista corrupción das administracións públicas.

¿Que esquerda precisamos?

A política de continuos fracasos da “nova esquerda” non é máis que o reflexo do respecto absoluto ás leis vixentes, mentres non se propón ningunha acción de mobilización social para rachala. Así, estes gobernos atópanse sen saída onde son incapaces de facer fronte ás promesas que fixeron.

Nun rexurdir da loita social, é preciso canalizar esta enerxía cara un plan de loita contra o goberno e os recortes. Centos de milleiros de mulleres manifestáronse contra a violencia machista, os estudantes saíron de novo ás rúas o 9 M e xorden novas loitas obreiras contra los despidos y la precariedade. En Galicia, centos de miles confiaron en las promesas de las mareas, pero experimentan amora sos limitacións. Para seguir dando la batalla por una sociedade libre y xusta, necesitamos una nova esquerda que sexa anticapitalista e dos traballadores, cun proxecto e un programa que é o único realista para mellorar as condicións de vida dos traballadores e o pobo.

Unha esquerda que defenda o dereito de autodeterminación das nacións oprimidas, como a galega, e que estea disposta a loitar por el nas rúas. Que propoña acabar co espolio á nosa terra, infestada de eucaliptos, paro, pobreza e emigración. Que loite por expropiar aos expropiadores para dar resposta ás dificultades da clase traballadora e a mocidade precarizada. Non é posíbel reformar o capitalismo. A única perspectiva realista para conquistar todas as reivindicacións pendentes é un goberno dos traballadores e o pobo.

Originalmente publicado em http://izquierdadiario.es/

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar