Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 26 Abril 2016 13:08

Licitaçom privada do serviço contra o incêndios e salvamento consuma-se em Ourense, com posicionamento contrário das e dos profissionais

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: MIBG

O pasado día 18, a Mesa Intersindical de Bombeiros levou a cabo unha manifestación na cidade de Ourense en rexeitamento da pretensión da Deputación da mesma Provincia de asumir a xestión do servizo de extinción de incendios e salvamento mediante concesión a unha empresa privada por parte do Consorcio correspondente. Tiña naquel momento pendente levar a cabo unha reunión con representantes do citado Consorcio para o próximo día 28, coa intención de facerlles chegar unha vez mais, esta vez de xeito directo e non vía comunicados, as súas argumentacións en contra do modelo elixido e a favor de evolucionar cara a un sistema de xestión directa do servizo público esencial.

Desgraciadamente, e antes de que se producise dito encontro, o día 21 tivo lugar xa o pleno do Consorcio no que deron aprobación aos pregos de concesión. Esta acción non só da conta da falta de interese por avaliar opcións, senón que pon de relevancia a fala de respecto ao criterio dos profesionais que día a día solventamos as emerxencias no país.

Ao respecto da citada concesión, ademais dos problemas que vimos reiterando nos últimos tempos, a MIBG remarca o seguinte:

  • Non só se perpetúa a xestión privada nos parques de Verín, Xinzo e Valdeorras, senón que incrementan o territorio baixo dita fórmula incorporando o de O Carballiño.

  • Recóllese ademais a posibilidade de incorporar a dito modelo de xestión os parques de bombeiros do Polígono de San Ciprián de Viñas e da Mancomunidade de terras de Celanova, afondando na privatización dun servizo público esencial, recollido como tal na Lei de Bases de Réxime Local.

  • Recolle explicitamente a imposibilidade para o persoal do servizo de exercer como axente da autoridade, tal e como vimos reiterando. Esa condición sería imprescindible para unha correcta prestación do servizo en moitos casos, pois é a que capacita en función da situación para acceder ás propiedades onde pode estar a producirse unha emerxencia, ou dispoñer dos medios públicos ou privados necesarios para poñer solución á emerxencia declarada, e está reservada aos funcionarios de carreira.

  • Modifica a cobertura dos servizos extraordinarios que requiren un reforzo de efectivos con respecto aos demais servizos baixo xestión indirecta, pasando a sufragar integramente o consorcio ditos custes, o que suporá un incremento do custe real do servizo.

  • Non valora adecuadamente a formación do persoal, carencia histórica e que repercute de xeito fundamental na calidade do servizo, pero tamén na seguridade dos traballadores e a eficacia e rapidez nas súas actuacións. Dáselle mais valor aos aspectos económicos e materiais que á formación e dimensión do persoal, sobre quen en último termo recae un correcto funcionamento, e polo tanto a seguridade e a vida dos administrados.

  • En liña co anterior, para o Consorcio a vida dun bombeiro vale 40000€, que é o esixido para o seguro de accidente ou invalidez.

  • Segue a manter un dimensionamento de plantilla insuficiente e inseguro baixo calquera parámetro profesional empregado nos corpos de bombeiros de todo o mundo desenrolado, potenciando en cambio a cobertura de cadros de mando intermedio, que non están xustificados en canto non dispoñen de persoal de intervención suficiente para formar grupos sobre os que exercer dito mando

En resumo, non só se insiste en perpetuar un sistema ilóxico, que despilfarra recursos que poderían dedicarse a melloras do servizo adicándoos á marxe de beneficio empresarial e pago de IVE, senón que incide e potencia as deficiencias que xa o sistema ata o de agora en funcionamento posuía.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar